Descrición do traballo.



Book (máximo 10 copias + CD coas fotos en dixital) + videobook (DVD): 280 € IVE incluido.
Se para realizar as fotos hai que desplazarse a máis de 20 km de Ourense ou de Coruña-Sada, hai que engadir ó precio a kilometraxe (0,20 € por Km)


Traballo cun set portátil e podo ir onde te veña mellor, aínda que para montar o set precisamos un espazo medio-grande, como un salón, un aula...

Faremos varios cambios de look, estilos de luz e de pose, planos…
Tes que traer ti a maquillaxe, se te queres maquillar, aínda que eu penso que en xeral as fotos e o vídeo teñen que amosarte o máis natural posible. Pero si podemos engadir imaxes máis particulares. Falaremos de todo isto antes da sesión, e o mesmo día, para poder traballar cos mesmos obxectivos e con comodidade, aclarando o que temos en mente ti e máis eu.


No video-book gravaremos algunhas escenas que te permitan amosar o teu xeito de traballar (actuando, cantando, bailando…) depende de para que queiras o book e das túas capacidades. Tamén incluirá as fotos na montaxe final, e se tes imaxes gravadas dalgún traballo previo a xeito de curriculo tamén se poden engadir.



Chámame ou mándame unha mensaxe se tes calquera dúbida:

telf: 635.784.129
alba@edenia.org